Xogo Solidario


A Fundación Compostela Deporte un ano mais lanza a campaña XOGO SOLIDARIO, na procura dun vínculo entre o mundo do comercio e o deporte de Santiago e da sua comarca. A importancia que tódolos axentes sociais se impliquen nos valores universais do deporte coma solidariedade, saude, integración, antiviolencia; plásmase neste proxecto de fonda aspiración de mellora social.
166 comercios e negocios sumáronse a esta proposta, ca doazón de agasallos e descontos moi ventaxosos, fora do periodo de rebaixas.
Os clubes federados obteñen unha ferramenta para obter axudas. Tódolas tarxetas rasca e gaña teñen un premio, xa sexa un desconto ou un agasallo directo.

Os rascas serán distribuidos polos clubes a partir do mes de marzo ata xuño deste ano. A asociación de Hostaleiros participará distribuíndo rascas nos seus establecementos.

Entidades como Acotes, Area Central, Asociación de comerciantes de Teo, Caixanova, Begano- Cocacola, e Alcampo tamén participan nesta acción, cun inestimable apoio.
O Correo Galego e 35.000 folletos publicitarios, serán a base promocional da campaña; xunto con expositores e cartelaría que identifiquen os comercios mais solidarios.

Aquí tedes unha presentación onde se explica o seu funcionamento do xogo solidario

Para consultar os NEGOCIOS que ofrecen descontos pica na palabra descontos.

Para consultar os NEGOCIOS que doaron agasallos pica na palabra agasallos.

Para comprobar o teu Premio Directo pica na palabra subliñada.


Padroado