Pidevi
Pidevi é o acrónimo de Plan Integral Deporte e Vida
• Que é?
O Plan Integral Deporte e Vida (PIDEVI) ten como finalidade educar os deportistas potenciando e recuperando os bos comportamentos e valores que son inherentes ao Deporte e que, xunto ao esforzo pola superación persoal e o traballo en equipo, constitúen a base formativa dunha sociedade plural e solidaria.
Coa posta en marcha do PIDEVI a Fundación axudará aos clubes na tarefa social que desempeñan fomentando a práctica deportiva.
Obxectivos
1. Achegar a formación aos deportistas, técnicos e árbitros.
2. Acadar bos comportamentos no eido deportivo.
3. Sensibilizar da importancia da hixiene e alimentación.
4. Mellorar a educación cara á non violencia.
5. Fomentar o compromiso social das empresas.
6. Estimular a investigación no deporte.
En definitiva, Deporte e Vida quere pór en valor os beneficios que reporta o Deporte nos ámbitos da SAÚDE, a EDUCACIÓN, o BENESTAR SOCIAL e a NON VIOLENCIA.
Este proxecto ambicioso ten unhas expectativas a curto e longo prazo.
Para este ano que comeza, e unha vez reunidos co Comité de Expertos en medicina, educación, psicoloxÃa e educación fÃsica, acordouse estudiar e analizar cales son os valores e comportamentos dos deportistas composteláns e cales son os seus hábitos hixiénicos e alimentarios.
Para acadar este plan ilusionante e por outra parte, necesario para a sociedade compostelá. Dende a Fundación e o Concello de Santiago queremos aunar esforzos e xuntar dentro dun cÃrculo virtuoso á Universidade, ás empresas, aos medios de comunicación e aos clubes de Santiago.
Axudas:
En primeiro lugar, coa finalidade de crear un referente anual e estimular as boas prácticas deportivas, imos instaurar os PREMIOS DEPORTE E VIDA, que aportarán as seguintes cantidades:
• 3.000 € para cada unha das catro entidades gañadoras dos distintos programas de SAÚDE, EDUCACIÓN, NON VIOLENCIA e BENESTAR.
• 6.000 € como PREMIO ESPECIAL en colaboración coa Universidade de Santiago, para estimular a Investigación Deportiva na área Compostelá.
• 10.000 € para o gañador do Gran Premio DEPORTE e VIDA.
• Trofeo Solidario para a empresa que fomente a Responsabilidade Social Corporativa no deporte.
Aquà tedes as Bases Premios e solicitude solicitude premios pidevi
A colaboración da Universidade de Santiago é outro dos aspectos fundamentais do PIDEVI, e coa súa participación perséguese:
Impulsar a investigación deportiva dentro da USC
Divulgar os resultados obtidos no PIDEVI
Colaborar aproveitando as sinerxias entre ambas entidades
Formalizar un convenio de colaboración coa USC
Outorgar un premio á investigación Deportiva no acto de Gala
A USC avaliará este proxecto de investigación e dará fiabilidade a futuras accións que se emprendan para mellorar o deporte compostelán.
Axudas Deporte e Vida
Estas teñen como obxectivo:
• Favorecer a transmisión de valores sociais e humanos a través do deporte.
• Estimular os valores do xogo limpo e non violencia na actividade deportiva.
• Fomentar os bos hábitos saudábeis.
As entidades beneficiarias serán os propios clubes que desenvolvan actividade deportiva no concello e na comarca.
Para a tempada 2007/08 estudaremos os comporamentos e valores dos mozos e mozas de 8 a 14 anos dentro do ámbito do Concello de Santiago.
Pola información facilitada dos deportistas composteláns para o desenvolvemento do programa, a Fundación axudará aos clubes composteláns coa cantidade de 400€.
A implicación do sector empresarial é o elo necesario para darlle viabilidade a este proxecto de cidade.
Hai dúas semanas deuse un primeiro paso coa sinatura dun convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios do PolÃgono Industrial do Tambre.
Coa sinatura deste convenio iniciamos os primeiros pasos cara a un programa aberto que involucre a toda a rede empresarial de Santiago.
Accións
• Difundir o proxecto entre a sociedade compostelá.
• Concienciar a poboación da importancia das boas prácticas deportivas.
• Implicar as entidades deportivas na implantación do PIDEVI nos seus equipos.
• Publicitar as empresas colaboradoras do Plan Integral.
• Crear espazos divulgativos que promocionen as Boas Prácticas deportivas e o Xogo Limpo.








