Bolsas individuais
Quen as pode solicitar?
Deportistas individuais que desenvolvan a súa actvididade no concello de Santiago de Compostela.
O obxectivo das bolsas e apoialos no seu entrenamento e no desprazamento ás competicións.
Cando se convocan?
A convocatoria, sae a principios de outono. A convocatoria do ano 2009 finaliza o prazo de admisión o dÃa 10 de novembro de 2009.
Cal é o importe das bolsas?
O importe total por deportista é de 1.200€
Que documentación hai que entregar?
- A documentación a entregar Fotocopia do DNI da persoa asinante da solicitude, e do DNI e da Licenza Federativa do/da deportista aspirante a concesión da bolsa. Os asinantes das solicitudes que actúen en nome e representación dos deportistas, deberán aportar documentación acreditativa da súa condición de representante.
- Impreso oficial de curriculum 2008/2009. no que se reflectirá historial deberá figurar a participación en competicións ou torneos oficiais e os resultados obtidos polo/a aspirante á concesión da bolsa, debendo presentarse debidamente visado e conformado pola Federación Oficial da disciplina deportiva correspondente.
- Certificación federativa, acreditativa de que o/a aspirante a concesión da bolsa é titular da licenza federativa vixente para a presente tempada deportiva e certificación técnica referida ás posibilidades do candidato entre os cinco mellores da Delegación de Santiago ou da federación galega correspondente no caso de non existir delegación en Santiago e que posúen a vontade de proxección e mellora para acadar a elite deportiva na súa especialidade.
- Volante de empadroamento nun dos concellos que forman a Mancomunidade de Santiago de Compostela (Santiago, Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra).
- Datos bancarios da conta corrente na que transferir, no seu caso, o importe da bolsa.
Onde se entrega a documentación?
A documentación entregarase por duplicado na sede da Fundación Compostela Deporte
Para saber máis…
- Aquà podes consultar as bases do programa de bolsas
- Aquà podedes descargar a solicitude do program de bolsas e o impreso oficial de curriculum ‘09
- Aquà tedes o baremo consonte ao cal se van avaliar todos os curricula deportivos dos bolseiros e bolseiras.
- Ou consulta as últimas novas relacionadas coas bolsas individuais publicadas na nosa web








