307 equipos participarán na Compostela Cup do Camiño 2011
A Compostela Cup do Camiño 2011 ten tres centos sete equipos inscritos nas súas distintas modalidades. Sendo a modalidade de fútbol-7 na que máis conxuntos participarán, con 135 inscritos, na de Fútbol-11 serán 63, na de Fútbol Sala 64 e na de Baloncesto 45. Entre os clubes inscritos saliéntase a participación de equipas leonesas, das escolas portuguesas do Benfica e o Sporting de Lisboa e da nosa cidade.
É destacable a inscrición na modalidade de baloncesto do Obradoiro, do Agustinos Eras, do Baloncesto Femenino San José, do Baloncesto Feminino León dos Tigres de Lugo e do CB Cluny.
No que atinxe ás modalidades de fútbol-11 van participar as equipas da Cova da Piedade e Leão Altivo, pertencentes ás escolas do Sporting de Lisboa. Asà mesmo tamén están inscritas as seguintes escolas do Benfica: Faro, Olivais e Loulé. Ademais, tamén é de subliñar a participación do Belenenses de Lisboa, do FC da Foz que vai vir con dous equipos sub-16, o Sintrense e o Leão Altivo. Das equipas da cidade van participar entre outras a SD Compostela, o Fátima, o CD Conxo, o Santiago CF, o Amio e o Victoria. Do resto da comarca participarán entre outros o Bertamiráns e o Santa Comba.
Na modalidade de fútbol-7 destaca a participación do San Andrés de León, do Real Talavera de Castela-A Mancha. As equipas portuguesas do Bobadela, os filiais do Porto (Trafense e Fabril), o Ringe, o Miguel Roris e o Clip. Máis unha vez volve participar o Hernâni que o fai xa desde a primeira edición da Compostela Cup.
Ademais, no que atinxe á modalidade de fútbol sala vai participar nesta nova edición da Compostela Cup do Camiño a equipa de fútbol sala do Porto das Estreliñas Incansáveis, que van participar en dúas categorÃas, o Gualtar e Colégio Teresino. No que se refire ás equipas galegas van participar entre outras o Ames, o Milladoiro, o Vitoria, o Amio e o Mazaricos.
A Compostela Cup do Camiño comezará o vindeiro 22 de xuño. Para máis información sobre a Compostela Cup do Camiño ir á páxina web www.compostelacup.com







