Máis de dous centos equipos preinscritos na Compostela Cup do Camiño.

A Compostela Cup do Camiño 2011 ten máis de dous centos equipos preinscritos nas súas distintas modalidades de Fútbol, Fútbol-7, Fútbol Sala e Baloncesto. Entre os clubes preincritos saliéntase a participación de equipas leonesas, das escolas portuguesas do Benfica e o Sporting de Lisboa e da nosa cidade.

Até o pasado xoves que se fechou a preinscrición, coa vantaxe do desconto do 50% no prezo da inscrición, da Compostela Cup do Camiño é de salientar a participación na modalidade de baloncesto do Obradoiro, do Agustinos Eras e do Baloncesto Feminino León. No que atinxe ás modalidades de fútbol e fútbol-7 van competir as equipas da Cova da Piedade e Leão Altivo, pertencentes ás escolas do Sporting de Lisboa. Así mesmo tamén están inscritas as seguintes escolas do Benfica: Faro, Olivais e Loulé. Ademais, tamén é de salientar a participación do Belenenses de Lisboa.  No que atinxe á modalidade de fútbol sala vai competir nesta nova edición da Compostela Cup do Camiño a equipa feminina de fútbol sala do Porto das Estreliñas Incansáveis.

Aqueles clubes que aínda non estean inscritos na Compostela Cup do Camiño aínda teñen de prazo para inscribirse até o 13 de maio.
Para máis información sobre a Compostela Cup do Camiño, e para inscribir equipas pódese mandar un e-mail a ou ir á páxina web www.compostelacup.com

Os comentarios están pechados


Padroado