A Fundación Compostela Deporte presentou a Compostela Cup do Camiño en Avilés e León
A Compostela Cup do Camiño 2011 foi promocionada o xoves e venres da semana pasada nas cidades de Avilés e León. Nestas dúas cidades mantivéronse reunións por parte do xerente da Fundación Compostela Deporte, Santiago Araújo, con entidades deportivas interesadas no Torneo Internacional que se desenvolve na nosa cidade. Asà mesmo na cidade de León houbo unha presentación do mesmo diante dos medios de comunicación.
Na cidade asturiana de Avilés o xerente da Fundación reuniuse co EF Llaranes, co Avilés Deportivo e co AD Bosco para presentarlles a edición deste ano da Compostela Cup do Camiño. Todas elas amosaron un grande interese polo torneo.
No acto de presentación da Compostela Cup do Camiño que tivo lugar en León estiveron presentes representantes do Baloncesto Femenino León, que xa ten participado en varias edicións do Torneo, o CD Bosco León, ao igual que CB Agustinos, os Xesuitas de León e o Colexio Divina Pastora. Na rolda de prensa participaron o Xerente da Fundación Compostela Deporte, Santiago Araújo, e mais Miguel González, Director Deportivo do CB Agustinos.
A Compostela Cup do Camiño 2010
Na edición do ano pasado da Compostela Cup houbo unha participación total de 917 equipas orixinarias do resto de Galicia, o Estado Español e Portugal. Asà houbo 1.236 partidos nos que participaron 12177 deportistas.
O numero de prenoctas foron perto de 6.000 notándose un incremento no nº de pais e acompañantes que non quiseron perder a cita turÃstico-deportiva dos seus fillos na capital galega.
A Compostela Cup do Camiño 2011
A Fase Final da Compostela Cup do Camiño 2011 vai ter lugar do 22 de xuño ao 3 de xullo. Asà as modalidades de Fútbol-11 e Fútbol Sala van ter lugar do 22 ao 26 de xuño, as de Baloncesto e Minibasket do 30 de xuño ao 2 de xullo e a de Fútbol-7 do do 29 de xuño ao 3 de xullo.
A preincrición na Fase Final da edición deste ano remata o 31 de Marzo. Aquelas equipas que o fagan neste prazo terán un desconto do 50% no valor da inscrición.
Para máis información sobre a Compostela Cup do Camiño e para inscribir equipas pódese mandar un e-mail a compostelacup@fundacioncompostela.org ou ir á páxina web www.compostelacup.com







