Campus Nadal Deportivo de Fútbol, Tenis de Mesa e Patinaxe
Está mañá, xoves 16 de decembro, A Fundación Compostela Deporte, xunto cos representantes dos clubes organizadores  e institucións colaboradoras do Campus Nadal Deportivo presentaron a iniciativa nunha rolda de prensa celebrada no colexio La Salle. Alà estiveron presentes un membro deste centro escolar, Graciano Pardo, VÃctor Santos, do Santiago de Compostela CF, Juan Gómez, do Club Patinaxe Compostela, Pablo Lois, do Arteal Santiago, e Santiago Araujo, xerente da Fundación Compostela Deporte.
O Campus, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, terá lugar do 27 ao 30 de decembro no colexio La Salle. Os rapaces poderán practicar fútbol e tenis de mesa en horario de mañá (de 10:00 a 14:00 horas) e patinaxe e tenis de mesa polas tardes (de 16:30 a 18:30 horas). Haberá tamén a posibilidade de quedar a xantar no comedor do centro.
As clases estarán impartidas por xogadores e adestradores dos clubes organizadores. Desenvolveranse, ademais, foros relacionados co ámbito da saúde e a educación e se entregarán diplomas para tódolos participantes.
Organizado polo Santiago de Compostela CF, o Arteal Santiago e o Club Patinaxe Compostela, colaboran na iniciativa a Fundación Compostela Deporte, Coca-Cola e Mercagalicia.
Para inscribirse no Campus Nadal Deportivo poden facelo chamando ao 981 555 177, através do fax 981 579 942. Para máis información aquà tedes o dÃptico informativo
.








