A IV Carreira Popular Solidaria Área Empresarial do Tambre serán en Beneficio de Proxecto Home e da Cociña Económica.

A IV Carreira Popular Solidaria Área empresarial do Tambre foi presentada hoxe e está organizada pola Fundación Compostela Deporte pola Asociación de Empresarios da Área Empresarial do Tambre, a delegación en Santiago da Federación Galega de Atletismo, a USC e o atleta compostelán Pedro Nimo. A carreira organízase en beneficio de Proxecto Home e da Cociña Económica de Santiago de Compostela.Na rolda de prensa contouse coa presenza do Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Bernardino Rama, de Jesús Chenel, Presidente da Asociación da Área Empresarial do Tambre, de Iván Sanmartín, delegado da Federación Galega de Atletismo, do xefe do departamento de deportes da USC, Mariano García Verdugo e do atleta compostelán Pedro Nimo.

Bernardino Rama informou que a Carreira Popular solidaria tería lugar o vindeiro 16 de maio no Campus Sur da USC, e as rúas por onde ia transcorrer a carreira serían as seguintes: Antonio R. Ibáñez, Avda da Coruña, Avda das Ciencias, Avda de Novoa Santos, Avda das Burgas e Avda de Compostela. Así mesmo, informou do Horario das probas será o seguinte:

 11:00 PREBENXAMÍN e ANTERIORES (470 m)
 11:15 BENXAMÍN e ALEVÍN (1260 m)
 11:30 INFANTIL e CADETE (2410 m)
 12:00 XUVENÍS en adiante (4710 m)
 12:45 ENTREGA DE PREMIOS

O Vicepresidente da Fundación tamén sinalou que a proba tiña lugar no Campus “para chegar a maáis xente, para poder reforzar un pouco mais a carreira solidaria”.

Pola súa parte o delegado en Santiago de Compostela da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín sinalou que se deron pasos para incorporar novos colaboradores na presente edición da carreira, como é o caso da USC. Ademais sinalou que a Asociación da Área Empresarial do Tambre seguirá colaborando. Por outra banda comentou que “desexamos que esta proba a parte de ser solidaria teña un aliciente competitivo”.

Pedro Nimo comentou a respecto da mudanza da ubicación desde o Polígono do Tambre, lugar onde se tiña desenvolvido a Carreira Popular Solidaria Área Empresarial do Tambre nas edicións anteriores até o emprazamento onde vai ter lugar este ano, que “é un paso adiante moi positivo e demostra que os empresarios do tambre saben adaptarse”. Engadiu que “Ogallá o domingo haxa moitos rapaces e moita xente nova na carreira”. Finalmente indicou que daba gusto ver a tantos patrocinadores colaborando no evento.

Mariano García-Verdugo, Xefe do Departamento de Deportes da USC, dixo que esta vai ceder parte do percorrida para a Carreira, así mesmo van tentar implicar á comunidade universitaria na mesmo. Así mesmo sinalou, que a carreira nas súas distintas categorías ten unha “unha distancia na que calquera persoa que quere participar pode, tanto correndo como camiñando. Fago un chamamento á participación”.

Pola súa banda, o presidente da Área Empresarial do Tambre, Jesús Chenel informou que a súa asociación quere o mellor para esta carreira, e ao mesmo tempo que “queremos unir o mundo da empresa co mundo do deporte. Queremos animar a todos os deportistas e a todas as empresas e traballadores da Área Empresarial a participar”. Ademais sinalou, que coas doazóns que se fagan que este ano van ir destinadas á Cociña Económica e mais a Proxecto Home que cumpre o seu XXV Aniversario e que con unha pequena doazón pódense facer grandes cousas.

Nesta V Edición da Carreira Popular Solidaria Área Empresarial do Tambre prevese que poidan participar persoeiros como Manjarín ou Iván Raña. Así mesmo, vai haber sorteos de cousas doadas por deportistas profesionais como Marta Domínguez, que xa o ano pasado doara uns tenis ou de Óscar Pereiro que doou un maillot.

Os comentarios están pechados


Padroado