Gala do Deporte e Premios Deporte e Vida
O venres 26 de Marzo tivo lugar a Gala do Deporte Compostelán con unha gran afluencia dos distintos estamentos que colaboran no deporte compostelán. Ao inicio da Gala entregáronse os Premios Deporte e Vida
OS PREMIOS DEPORTE E VIDA:
Os premios do Plan Deporte e Vida (PIDEVI) forman parte do Plano de Fomento e Ordenación da práctica deportiva tendo como finalidade recoñecer a aqueles clubes que se distinguen por educar os/as deportistas potenciando e recuperando os bos comportamentos e valores que, xunto ao esforzo pola superación persoal e o traballo en equipo, constitúen a base formativa dunha sociedade plural e solidaria.
BENEFICIARIOS:
Son beneficiarios do PIDEVI todos os clubes federados dos Concellos de Santiago, Ames, Teo, Oroso, o Pino e Vedra.
COMITÉ DE SELECCIÓN
O Comité de Selección creado para outorgar os Premios DEPORTE e VIDA está integrado polas seguintes persoas:
En representación das Federacións de Deportes Colectivos: Enrique Otero, da Federación Galega de Fútbol
En representación das Federacións de Deportes Individuais: Iván Sanmartín, da Federación Galega de Atletismo
En representación dos árbitros/as: Francisco Guillamet, do Colexio Galego de Árbitros de Baloncesto
En representación dos pais e nais: Ramón Otero
Os empresarios/as: José Manuel Beceiro, Xerente da AEPIT
Os medios de comunicación: Antonio Bermúdez
Como Secretario do Comité actuou José Manuel Lobato.
En representación do Padroado da Fundación Compostela Deporte, o seu Xerente Santiago Araújo.
CONTIA DOS PREMIOS:
1) Premios DEPORTE e VIDA para cada unha das categorias cunha contía de 2.000 € aos gañadores e 500 € para os seguintes clubes seleccionados nos respectivos apartados.
• SAÚDE:
o Club Hockey Compostela
o Club Olímpico de Vedra
o S.D. A Gaiola
GALARDOADO: CLUB HOCKEI COMPOSTELA
ENTREGA: ANDRÉS FARIÑA: Concelleiro de Sanidade.
ACCIÓNS DESTACABLES POLO QUE FOI SELECCIONADO O GALARDOADO:
• A prevención do consumo de drogas legais e ilegais faise en colaboración dos médicos cos adestradores e a directiva facendo un seguimento constante Impártense unhas directrices de hixiene por parte dos adestradores e da directiva.
• O club conta cunha licenciada en INEF que conduce tanto a preparación física como a alimentación e nutrición dos deportistas.
• Contan con dous doutores que fan o seguimento médico, atenden as lesións en primeira instancia e coa preparadora física fan o seguimento da alimentación.
• EDUCACIÓN:
o Arteal Tenis de Mesa
o Bertamiráns FC
o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS
GALARDOADO: XACOBEO 2010 LOBELLE DE SANTIAGO FS
ENTREGA: MERCEDES ROSÓN Concelleira de Educación
ACCIÓNS DESTACABLES POLO QUE FOI SELECCIONADO O GALARDOADO:
• Realizan visitas aos colexios cos xogadores do primeiro equipo para promover hábitos de vida saudábeis.
• Distribución da Guía didáctica de promoción do Xogo Limpo.
• Educación en valores e en deportividade nos Campus.
• Reunións e asesoramento a nais e pais.
• Convenio coa Universidade para proxectos de investigación.
• Xornadas formativas dirixidas a técnicos e xogadores.
• BENESTAR SOCIAL:
o Asociación ASPAS
o CD Belvís-Don Bosco
o Hockei Club Raxoi
GALARDOADO: CD BELVÍS-AD DON BOSCO
ENTREGA: MAR MARTÍN Concelleira de Benestar.
ACCIÓNS DESTACÁBEIS POLO QUE FOI SELECCIONADO O GALARDOADO:
• Organización de Torneos Solidarios, (Un quilo un sorriso) como instrumento para o fomento dos valores da solidariedade dos participantes. No ano 2009 o obxectivo era apoiar a construción de casas de acollida rurais no Perú.
• A Organización de Xornadas con Actividades deportivas, através de xogos populares, en clave interxeracional, onde participan nenos, adultos e familias:
o Mañás no Bosco
o Campamento Urbano
o Acampada de Cativos
o Convivencias de Fin de semana
o Xuntanzas deportivas e concentracións anuais
Apoio escolar para aqueles deportistas que o desexen
• NON VIOLENCIA:
o CD Conxo
o Club San Francisco de Teo
o E.D. Xuventude Oroso
GALARDOADO: CD CONXO
ENTREGA: VÍCTOR TOBÍO, Secretario da Fundación.
ACCIÓNS DESTACÁBEIS POLO QUE FOI SELECCIONADO O GALARDOADO:
• A difusión de valores e accións sobre a non violencia e o xogo limpo, son constantes nas distintas modalidades deportivas do C.D. Conxo.
• A sinatura de convenios con outras entidades deportivas establece expresamente o cambio da rivalidade pola colaboración.
• A convivencia de centos de nenos de diversas idades, e nacionalidades .
• O premio outorgado pola Sociedade de Pediatría a un xogador cadete acredita a aposta pola deportividade.
1) PREMIO ESPECIAL DEPORTE e VIDA de 3.000€ para o club seleccionado que sexa merecedor de tal distinción pola súa labor na execución conxunta dos catro programas anteditos.
GALARDOADO: XACOBEO 2010 LOBELLE DE SANTIAGO FS
ENTREGA: XOSÉ ANTONIO SÁNCHEZ BUGALLO, PRESIDENTE DA FUNDACIÓN.
TROFEOS SOLIDARIOS:
O Trofeo á EMPRESA SOLIDARIA que se distinga no apoio ao deporte a través da súa responsabilidade social corporativa correspondeu este ano á empresa NOYAMOVIL polo seu apoio ao deporte na cidade de Santiago desde a década dos 70. Nesta década coa denominación de Autolavado patrocina a equipos de distintas categorías de Fútbol Sala.
Na década dos 80 Jesús Chenel coa denominación de Talleres Noya, apoia ao deporte de Santiago, con equipas de distintas categorías de Fútbol Sala e Fútbol, tanto propios (categorías inferiores e veteranos) como patrocinados. Actividade que continúa realizando na década dos 90 coa denominación de Noyamóvil.
A partir do ano 2000 Jesús Chenel, coas denominacións Noyamóvil e Noyastar, apoia ao deporte da cidade e o resto de Galicia patrocinando equipas de distintas categorías salientando os seguintes:
Fútbol: Atlético Fátima e Compostela na actualidade, e Ciudad de Santiago
Ciclismo: O Karpin Galicia
Automobilismo: Pedro Castañón na categoría júnior no campionato portugués de Karts, nos campionatos de montaña, e no novo campionato de España de carrozados na actualidade.
Baloncesto: Apoio ao Clube Rosalía de Castro.
Así mesmo, Noyamóvil é membro do padroado da Fundación Compostela Deporte.
ENTREGA: JORGE SANTOS, Tesoureiro da Fundación
O Trofeo á ASOCIACIÓN SOLIDARIA que se distinguiu no apoio ao deporte recae na presente edición a Agrupación de Deportistas Veteranos de Santiago de Compostela, pola tarefa: de máis de 30 anos que leva organizando o fútbol de Veteranos. Así mesmo, tamén ampliaron a actividade deportiva ao longo destes anos organizando o Fútbol Sala Sénior e das súas categorías inferiores axudando ao fomento do deporte base. Un pouco máis tarde chegou a actividade feminina froito do que xurdiu a equipa que compite na liga Autonómica Femenina de Fútbol Sala, conseguindo por catro veces consecutivas o título de Campión, Campión de España de Clubs e Medalla de Bronce no Campionato de Europa de Clubs celebrado en Chequia
Todo isto fai que sexan cinco mil os deportistas que participan en todas las categorías que organiza esta Agrupación.
A Agrupación de Deportistas Veteranos de Santiago de Compostela pertence ao Comité Organizador do Deporte Aficionado de España (CODA) ocupando dos -Vicepresidencias.
Organizando o pasado ano 2009 o campionato de España correspondente, en el que participaron 1.800 deportistas das distintas Autonomías pertenecientes ao Coda. Así mesmo conta con colectivo arbitral propio.
ENTREGA: BERNARDINO RAMA, Vicepresidente da Fundación.
OUTRAS AUTORIDADES PRESENTES NO ACTO:
Carlos Fernández, Alcalde de Ames.
Anxo Rei, Concelleiro de Turismo de Teo.
Distintos concelleiros do Concello de Santiago do PSOE, PP e BNG.







