IV Trofeo Xacobeo Compostela Esgrima

O IV Trofeo XACOBEO Compostela Esgrima de ESPADA, esta edición máis reforzada que nunca, celebrarase no Pavillón Pontepedriña que tan amablemente nos cede o Concello de Santiago. Este ano ademais do Ranking Galego de Espada, o sábado 23 de xaneiro, e por segunda vez, celebraremos o Ranking Nacional de Veteranos, o domingo 24. Isto fará un TROFEO XACOBEO COMPOSTELA ESGRIMA tremendamente completo.Co único requisito de estar federado e facer unha inscrición previa no correo compostelaesgrima@yahoo.es a Asociación Compostela Esgrima convida a calquera esgrimista da xeografía galega, española ou mundial a achegarse á nosa casa e gozar connosco dun fin de semana esgrimístico.

O Trofeo Xacobeo Compostela Esgrima, celebrarase para menores de 15 anos xunto co absoluto Masculino e Feminino. Será puntuábel para o ranking galego de forma oficial e aberto a participación de esgrimistas de fóra da nosa terra.
Neste Torneo XACOBEO, non só NON se COBRA INSCRICIÓN, senón que vos levardes unha CAMISETA de agasallo (PLAYMOBIL… PLAYFENCING)

Así mesmo a proba do Ranking Nacional de Veteranos de Espada, masculina e feminina, será puntuábel para o ranking nacional de veteranos en función dos estatutos aprobados pola AEVE: as inscricións deberán facerse por medio da ferramenta que tal efecto existe na web da RFEE, enviando así mesmo un email á dirección secr_aeve@hotmail.com

O carácter OPEN, fai que o torneo sexa un bo destino para calquera amante da esgrima que queira vir coñecer a nosa cidade e a coñecer desde dentro o nivel da esgrima galega.

Para máis información e para consultar o programa e os horarios podedes dirixirvos á web do clube.

Os comentarios están pechados


Padroado