A Fundación Compostela Deporte presentou os Premios PIDEVI 2010.
O Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte e Concelleiro de Deportes de Santiago, Bernardino Rama, Eduardo Veiras, Concelleiro de Deportes de Oroso, José Manuel Lobato, membro do comité de selección e José Manuel Beceiro, Xerente da AEPIT e tamén membro do comité de selección presentaron as bases dos PREMIOS PIDEVI 2010. A estes poden concorrer as entidades deportivas federadas dos Concellos de Santiago de Compostela, Ames, Teo, Oroso, Vedra e o Pino. As bases para optar a este programa do Plan Deporte e Vida da Fundación Compostela Deporte están dispoñíbeis no portal de Internet www.fundacioncompostela.orgOs premios do Plan Deporte e Vida (PIDEVI) forman parte do Plano de Fomento e Ordenación da práctica deportiva tendo como finalidade recoñecer a aqueles clubes que se distinguen por educar os/as deportistas potenciando e recuperando os bos comportamentos e valores que, xunto ao esforzo pola superación persoal e o traballo en equipo, constitúen a base formativa dunha sociedade plural e solidaria.
José Manuel Lobato do Comité de Selección sinalou a respeito destes premios que “Á fundación faltáballe un complemento que eran estes premios, a carón das axudas e do programa de eventos deportivos da mesma.” Así mesmo sinalou a importancia de fomentar no deporte de base os “hábitos conductais que se recoñen nestes premios PIDEVI. Ademais amosou a súa satisfacción xa que “Como docente é unha alegría que a Fundación repare nestes ámbitos conductais. O que se trata é de ver e valorar as actuacións que fan os clubes de Santiago, Ames, Teo, Oroso, Vedra e o Pino nos ámbitos da saúde, a educación o benestar e a non-violencia”.
O comité de selección vai valorar no ámbito da saúde as accións merecedoras de premios nos seguintes aspectos:
o Hixiene
o Alimentación/Nutrición
o Controis médicos
o Prevención do consumo de drogas legais (alcool, tabaco) e ilegais
o Fomento de hábitos saudábeis
No ámbito da educación o comité valorará as seguintes accións merecedoras de recoñecemento:
o Fomentar valores (Traballo en equipo, Esforzo, Compromiso,…..)
o Actuacións no ámbito do comportamento (Pais, compañeiros, contrarios, adestradores e árbitros)
o Plans de Formación para adestradores, directivos, deportistas.
o Respecto polas instalacións e material deportivo.
o Colaboración coa formación acadêmica dos deportistas.
No ámbito do benestaro comité valorará as seguintes accións merecedoras de recoñecemento:
o Fomento do deporte feminino
o Programas Solidarios con colectivos en riscos de exclusión
o O deporte como reinserción social
o Concesión de Bolsas para os deportistas con menos recursos.
o Fomento da actividade deportiva na familia.
No ámbito da non violencia o comité valorará as seguintes accións merecedoras de recoñecemento
o Plans de prevención da violencia nos campos.
o Fomento da Deportividade entre os atletas do club.
o Méritos ou mencións outorgadas pola súa respectiva federación no ámbito da deportividade.
o Accións para o respecto das normas.
o Actuacións para o coñecemento do regulamento.
.José Manuel Beceiro, xerente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre e membro tamén do comité de selección agradeceu á fundación que convidase á súa asociación que os tivese convidado por segundo ano á presentación dos premios e a formar parte do comité de selección. Para el a responsabilidade social corporativa é básica para as empresas e neste sentido o deporte para as empresas “é basico porque fomenta o traballo en equipo e a formación de líderes”, dous elementos fundamentais no ámbito da empresa.
Eduardo Veiras, concelleiro de deportes de Oroso amosou a súa ledicia por estes premios. Dixo, Estamos moi satisfeitos de colaborar nestes premios, para facer unha sociedade mellor, e pensamos que a Fundación Compostela Deporte está a facer un grande traballo”.
Pola súa parte, o Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Bernardino Rama afirmou que ” A Fundación creouse para chegar a onde non podía chegar o departamento de deportes, tanto coa organización de eventos como no ámbito das axudas”. Este así mesmo, amosouse de acordo con José Manuel Beceiro na importancia que ten o deporte no mundo da empresa, tanto no que atinxe ao fomento dos valores como do espírito de superación. Así mesmo, sinalou que moitos empresarios apostan polo deporte, colaborando cos clubes e mesmo sendo directivos dos mesmos e por tanto, comprometéndose a crear as estruturas dos clubes”. Ademais, agradeceu a Eduardo Veiras, concelleiro de deportes de Oroso a súa colaboración, e salientou a relación e a colaboración estábel e fluída entre ambos os dous concellos. Finalmente Bernardino Rama fixo fincapé en que estes Premios Pidevi son de recoñecemento a entidades que unha mellor tarefa realización nos ámbitos da Saúde, da Educación, o Benestar e a Non-Violencia. Estes serán entregados na Gala do Deporte de Santiago de Compostela.
Os Premios PIDEVI outorgarán aos clubes seleccionados en cada unha das categorías 500€, e aos gañadores en cada unha das mesmas 2000€. Finalmente concederase un Premio Especial Deporte e Vida de 3.000€ ao clube que sexa merecedor pola súa execución global dos catro apartados que compoñen os Premios.
As solicitudes formalizaranse mediante instancia dirixida á Fundación Compostela Deporte (Estadio de San Lázaro, Porta 16). O prazo de solicitude remata o vindeiro día 20 de xaneiro de 2010.
Aquí tedes as bases e a solicitude







