A Fundación Compostela Deporte entregou as súas bolsas anuais
O Alcalde de Santiago e Presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a Gala de Entrega das Bolsas para a formación e perfeccionamento das promesas do deporte compostelán, que teñen unha contía de 1.200 euros cada unha. Unha iniciativa coa que a entidade quere aportar unha axuda para cubrir o espazo valeiro entre a etapa da formación e a profesional. Un apoio á práctica deportiva de base con proxección para acadar a elite. O deportista Borja Golán Santín, foi o padriño dos (as) deportistas nesta cuarta edición da Gala que se celebrou no Auditorio de Galicia. O evento tamén contou coa asistencia do Concelleiro de Deportes de Santiago e Vicepresidente da entidade, Bernardino Rama, dos representantes do Padroado da Fundación ( Caixanova, Grupo Correo Gallego, Área Central, Alcampo, Noyamóvil, Ruafer, Aquagest e o Concello de Santiago), das empresas patrocinadoras do acto (Dado-Dadá, Otero Caritón, Aguirre y Cia, Centro Deportivo, Unika, Begano, Blu:sens e Arteal) e do Comité de Selección das Bolsas (Antonio Bermúdez, José Alborés, Juan Garabato, Mariano García-Verdugo e Santiago Araújo).
Os deportistas seleccionados que recibiron un reprodutor MP3 e un vale en material deportivo por valor de 120 euros. Ofrecidos polas empresas BLU: SENS e AGUIRRE E CÍA, os adestradores dos bolseiros premiados levararon como agasallo un reproductor MP3 e un vale en material deportivo por valor de 600 euros. Doados polas empresas BLUSENS AGUIRRE E CÍA e CENTRO DEPORTIVO e Os quince bolseiros recibiron un vale en material deportivo por valor de 600 euros, outros 600 euros en efectivo e un reprodutor MP3. Doados polas empresas citadas con anterioridade.
Aquí tedes algunhas das fotos da gala de onte.







