Borja Golán é o Padriño das Bolsas a Deportistas Individuais da Fundación Compostela Deporte deste ano.
A Fundación Compostela Deporte presentou esta mañá os 40 seleccionados, dos cales 15 dos mesmos recibirán as bolsas da Fundación Compostela maña as Bolsas para a Formación e Perfeccionamento dos deportistas individuais composteláns 2009. A quinta edición desta convocatoria contou como novidade que este ano a convocatoria se abriu aos deportistas individuais empadroados na mancomunidade de Santiago de Compostela. Tamén se presentou ao Padriño da presente convocatoria que será o deportista compostelán Borja Golán.
No acto de presentación da convocatoria anual das Bolsas da Fundación Compostela Deporte contouse coa presenza do Concelleiro de Deportes e Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Bernardino Rama, con Antonio Bermúdez en representación do Comité de Selección e do Padriño da presente edición, o deportista Borja Golán.
Bernardino Rama, Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, salientou o feito de que a convocatoria anual de bolsas da Fundación Compostela Deporte, presentan como principal novidade este ano que esta se abre a todos os deportistas empadroados en calquera dos concellos integrantes da Mancomunidade de Santiago de Compostela. Así mesmo sinalou que “a intención foi premiar a todos aqueles deportistas empadroado sen compostela e a comarca”. O vicepresidente da Fundación Compostela Deporte agradeceu a súa colaboración ao Padroado da Fundación, á Asociación Down Compostela, ao Comité de Selección e ás empresas patrocinadoras do evento: AGUIRRE E CÍA , ARTEAL, BEGANO, BLUSENS , CENTRO DEPORTIVO, DADO DADA, OTERO E CARITÓN, ÚNIKA.
Antonio Bermúdez, membro do Comité de Selección informou que o lista de 40 deportistas seleccionados está ordenado por deporte e alfabeticamente, xa que os 15 deportistas composteláns que serán bolseiros da Fundación daranse a coñecer no propio acto de entrega das Bolsas, que terá lugar o vindeiro día 2 de decembro a partir das 20h no auditorio de Galicia. Ademais fixo fincapé en que a selección dos mesmos faise através dun baremos ao que se lle aplica un coeficiente corrector en función da idade, que penaliza aqueles deportistas con máis idade. Consonte ás bases dos 15 bolseiros doce obtéñense aplicando o antedito baremo co seu coeficiente corrector, e os outros tres escólleos o comité, porén este ano o Comité decidiu elixir estes tres bolseiros aplicando o coeficiente corrector e o baremo.
Antonio Bermúdez sinalou que o Comité de Selección entende que hai que seguir primando aos deportistas máis novos en detrimento dos outros e faille unha proposta ao Padroado da Fundación para que en vindeiras convocatorias só podan concorrer ás bolsas aqueles deportistas que leven dous anos empadroados na área de Compostela. Así mesmo, salientou que había un deportista que por razóns de idade, xa que era tiña menos anos que os que establecían as bases quedou fóra, pero que aplicándolle o baremo si que levaría a bolsa e animouno a presentarse en vindeiras convocatorias.
Borja Golán salientou que para el é unha honra estar no acto de entrega das bolsas a deportistas individuais e ser o padriño da presente convocatoria. Dixo que había que “salientar o traballo que está a levar a Fundación Compostela Deporte no apoio ao deporte base.” Así mesmo anima aos deportistas para que aproveiten estas bolsas que os van axudar na súa formación.
Na presente convocatoria presentáronse máis de 50 deportistas para obter unha das 15 bolsas da Fundación Compostela Deporte.
Etiquetas: bolsas individuais







