O Club Ciclista Aquagest e Festexos Negreira Organizan o I Ciclocross Vila de Negreira
O Club Ciclista Aquagest e Festexos Negreira presentaron esta mañá na sede da Fundación Compostela Deporte o I Ciclocross Vila de Negreira, que será a primeira proba do Open Galego de Ciclocross da presente tempada. O evento está organizado polas devanditas entidades. No acto de presentación participaron o Alcalde de Negreira, Jorge Tuñas; Javier Lodeiro, de Festexos Negreira e Juan Rey en representación do CC Aquagest.Â
Â
Javier Lodeiro de Festexos Negreira “agradeceu a todos os patrocinadores a colaboración neste evento” asà mesmo sinalou que agardaba que o “sábado teñamos un bo dia” e agradeceu a colaboración do Club Ciclista Aquagest e do Concello de Negreira.
Juan Rey do Club Ciclista Aquagest pola súa parte sinalou o importante papel da organización de Festexos Negreira. Para el esta é impresionante. Asà mesmo fixo fincapé no feito de que “o Campionato Galego comeza con esta proba”. No que atinxe ao desenvolvemento da mesma e aos aspectos técnicos comentou que ” a zona onde se fai a carreira é impresionante, é moi vistoso. Ves todo o circuÃto desde un mesmo punto.” Ademais, no relativo ás equipas participantes ” están as mellores equipas de Galicia e incluso vén xente de fora. Van vir ciclistas de Portugal, de Astorga e de Asturias. Van vir as féminas do Spol de Portugal. Vai estar entre outros Oscar Vázquez”.
As equipas participantes no I Ciclocross Vila de Negreira son as seguintes: Clube Ciclista Aquagest - Santiago, Clube Ciclista Compostelano - Muebles Compostela - Santiago, Clube Ciclista Spol- Caixanova - Porriño, Club e Ciclista Ponteareas - Ponteareas , Clube Ciclista BTT Ponteareas - Ponteareas , Clube Ciclista Asociación Galega de Ciclistas - Ames, Clube Ciclista Monteferro - Reale - Nigran, Clube Ciclista Cambre - Renault Caeiro - Cambre, Clube Ciclista A Ponte Vella - Ribeira Sacra - Monforte, Club e Ciclista Bici Verde - Anca - Vigo , Clube Ciclista Maceda - Academia Postal ..•.. Ourense , Club e Ciclista Barbanza - Boiro , Clube Ciclista Estradense Hierros Diego - Estrada, Club e Ciclista Padrones - Aluminios Cortizo - Padrón.
Segundo Juan Rey esta é unha carreira moi curta e moi vistosa. ” O circuÃto é dos máis técnicos que hai en Galicia. No mesmo hai unha ponte con escaleiras. Vai ser un circuÃto precioso.
No que atinxe á organización do ano que vén Juan Rey é partidario de que sexa o Club Ciclista de Negreira, que a acaba de nacer quen a organice xunto con festexos Negreira. Porén, amosou a súa dispoñibilidade a seguir colaborando cos mesmos neste evento do CC Aquagest.
Pola súa banda Jorge Tuñas, Alcalde de Negreira salientou o papel de Festexos Negreira no seu concello. Grazas aos mesmos, en Negreira “pasamos de ter unhas festas patronais a ter diferentes eventos”. O concello colabora con esta entidade mais o traballo “gordo” faino esta entidade. Asà mesmo, Jorge Tuñas, tamén sinalou que no seu concello teñen un equipo ciclista “que está comezando a andar e que precisa destes eventos para que a xente se afeccione ao ciclismo. A ver se para o ano que vén, este equipo ciclista cubre esta modalidade de ciclocross”. Ademais convidou a todos aquelas persoas da comarca que queiran achegar que o fagan.Asà mesmo convidou a Javier Lodeiro a que sigan con esta labor tan importante que están a desenvolver.
Â
Etiquetas: CC AQUAGEST







