Santiago e Galicia aúnan esforzos a prol da Cociña Económica cunha carreira que contou con preto de 400 participantes
As estradas do Polígono Industrial do Tambre acolleron esta mañá a celebración da III Carreira Solidaria Polígono do Tambre -organizada pola Fundación Compostela Deporte e a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre (AEPIT), co patrocinio de Divina Pastora Seguros, co ciclista Óscar Pereiro como padriño, e a colaboración do Concello de Santiago, FINSA, Begano, Cruz Vermella a Delegación en Santiago da Federación Galega de Atletismo -que tamén levou o control técnico da proba-. A proba contou con preto 400 participantes que afrontaron con esforzo, ilusión e, sobre todo, solidariedade, as dúas carreiras da xornada. Esta segunda edición da proba tiña como obxectivo recadar fondos para a Cociña Económica. Cómpre lembrar que este evento foi posto en marcha no 2007 pola Fundación e a AEPIT, respostando á iniciativa do atleta santiagués Pedro Nimo, quen será o encargado de entregar á Cociña económica os 2150,85 euros recadados grazas a solidariedade de todos os participantes.
A xornada contou coa presenza do Concelleiro de Deportes de Santiago e Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Bernardino Rama; do Presidente da AEPIT, Jesús Chenel; do representante de Divina Pastora Seguros, Javier del Abra; do representante de FINSA, Luís Castro; do Delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín e do atleta Pedro Nimo.
Todos eles foron os encargados de entregar os trofeos aos primeiros clasificados. Os participantes tamén optaron a diversos agasallos: o maillot doado polo padriño da proba Óscar Pereiro -ciclista do Caisse d’Epargne gañador do Tour de Francia no 2006, quen tamén foi padriño da primeira entrega das Bolsas de formación e perfeccionamento para os deportistas individuais 2005-; as camisetas de Reyes Estévez, Jesús España e Pedro Nimo; unha zapatilla de Marta Domínguez; unha mochila e un body de Lolo Penas; o dorsal de Miguel Quesada; e dous cheques de 500 euros da empresa FINSA, entre outros.
E aínda que o resultado era o de menos os primeiros clasificados nas distintas categorías foron:
1º. Mónica Pérez
2º. Dafne Oanu
3º. Laura Paz
1º. Antón Freire
2º. Carlos Aguión
3º. Anxo Becerra
1º. Jesús Cabo Souto
1º. Deborah Temes
2º. Noemí Jacome
3º. Andrea Álvarez
1º. Uxio Caamaño
2º. Brais Burlido
3º. Martín Gómez
1º. María Jesús Gestido
2º. Chus Valiño
3º. Mª Yolanda Gutiérrez
Carreira absoluta masculina
1º. Iván Iglesias Carballo
2º. Daniel Bargiela
3º. Miguel Carrillo
Cómpre destacar tamén que o CPI Cotarello Valledor de Boimorto recibiu o recoñecemento como centro escolar con máis participantes nesta III Carreira Solidaria Polígono do Tambre, do mesmo xeito que a empresa FINSA, como colectivo con máis representación na proba.
Etiquetas: III Carreira Solidaria Polígono do Tambre
















