A Fundación e os Concellos de Santiago, Ames, O Pino, Oroso, Vedra e Teo asinan un convenio para a promoción do deporte
A Fundación Compostela Deporte e os Concellos de Santiago, Ames, O Pino, Oroso, Teo e Vedra, asinaron esta mañá o Convenio Marco para a promoción do deporte. A sinatura contou coa presenza do Alcalde de Santiago e Presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo; o Concelleiro de Deportes de Santiago e Vicepresidente da Fundación, Andrés Fariña; os Alcaldes: Carlos Antonio Fernández Castro (Ames), Manuel Taboada Vigo (O Pino), Manuel Mirás Franqueira (Oroso), Martiño Noriega Sánchez (Teo) e Odón Cobas GarcÃa (Vedra); asà como os Concelleiros de Deportes destes últimos cinco concellos veciños.O Alcalde de Santiago e Presidente da Fundación, Xosé A. Sánchez Bugallo, agradeceu aos representantes dos concellos veciños a súa presenza e á “confianza” outrogada á Fundación coa sinatura dun Convenio que ten como finalidade “facer extensivas determinadas actividades aos Concellos do entorno. É unha forma de traballar en común”.
Sánchez Bugallo lembrou que: “Na práctica hai xa programas nos que a propia sociedade toma a dianteira e, polo tanto, participan institucións deportivas e centros educativos de todos os municipios, sen preocuparse moito das fronteiras municipais. Nunha competición como a Compostela Cup do Camiño ven sendo unha tradición que participen clubes de todos os municipios que atravesa calqueira dos Camiños que se achegan a Santiago”.
“Polo tanto, o que facemos é darlle formalización institucional ao que se ven facendo e ao que queremos que continúe. A Compostela Cup do Camiño e os programas que xa están en marcha: Premios Deporte e Vida e Xogo Solidario, son as tres iniciativas nas que en principio participariamos todos”, engadiu o Alcalde de Santiago e Presidente de la Fundación.
Pola súa banda, o Concelleiro de Deportes de Santiago e Vicepresidente da Fundación, Andrés Fariña, indicou que por mor do Convenio: “Hai unha pretensión importante por parte do Concello e da Fundación que está expresada neste convenio e da que xa falamos, que é poñer en valor todas as instalacións deportivas. Evitar todos eses vacÃos de uso que se poidan dar. De tal xeito que as mellores instalacións da comarca se poñan a disposición de todos os concellos. Por exemplo, a recuperación das pistas de atletismo do Estadio de San Lázaro”, comentou.
Mentres que o Xerente da Fundación, Santiago Araújo, destacou que: “Crearase unha Comisión cun representante de cada un dos Concellos para traballar con estes tres programas que a sociedade demandou e están postos en marcha. E aproveitar todas as sinerxias que cada un pode aportar”, afirmou.
Entre as iniciativas que recolle o Convenio Marco están:
- A organización e realización de todo tipo de actividades e eventos deportivos.
O intercambio e colaboración en todo tipo de proxectos deportivos de interese común.
A cesión de instalacións deportivas.
A organización e realización de todo tipo de actividades formativas.
O intercambio de publicacións, traballos de investigación e de calquera tipo de materiais que resulten de interese.
O Convenio entre a Fundación e os Concellos anteditos ten carácter aberto, polo que as entidades asinantes poderÃan propoñer outro tipo de actuacións. “Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes”, reflicte o escrito.
O espÃritu que move á Fundación e aos Concellos de Santiago, Ames, O Pino, Oroso, Teo e Vedra para a sinatura do Convenio é: “Que as institucións mencionadas consideran de interese común promover a cooperación e a colaboración para o desenvolvemento de accións de fomento e promoción da práctica deportiva, asà como a realización de accións formativas e de xeración de recursos dirixidos para os distintos axentes participantes no mundo deportivo”.
Ademais, a sinatura do Convenio permite á Fundación cumprir cun das súas finalidades primordiais, recollida nos seus Estatutos: “O fomento e promoción do deporte a través do apoio, difusión e axuda ás entidades deportivas da cidade e a consolidación ou atracción de eventos deportivos que poidan celebrarse en Santiago, como medio de promoción e difusión da cultura deportiva, posibilitando un maior achegamento á sociedade en xeral”.
Etiquetas: compostela cup do camiño, convenio, premios Deporte e Vida, xogo solidario







