O prazo de solicitudes das Bolsas remata o vindeiro venres d铆a 7

O prazo de solicitudes das Bolsas para a Formaci贸n e Perfeccionamento dos deportistas individuais compostel谩ns 2008, convocadas pola Fundaci贸n Compostela Deporte, remata o vindeiro venres d铆a 7 de novembro. C贸mpre lembrar que a cuarta edici贸n desta convocatoria conta cunha dotaci贸n orzamentaria total de 30.000 euros (cunha cont铆a de 1.200 euros para cada bolseiro), que a entidade outorgar谩 en r茅xime de concorrencia competitiva para cada modalidade deportiva.Os(as) deportistas interesados en optar 谩s bolsas poden consultar as bases e formalizar as s煤as solicitudes no portal de Internet da entidade www.fundacioncompostela.org. Ou enviar a solicitude e a documentaci贸n complementaria para optar 谩s mesmas, mediante unha instancia dirixida 谩 sede da Fundaci贸n Compostela Deporte (Estadio de San L谩zaro, Porta 16).

Entre outros requisitos, poder谩n optar 谩s bolsas de formaci贸n e perfeccionamento 2008 os(as) deportistas empadroados(as) no Concello de Santiago de Compostela, nados entre 1986 e 1998 (ambos inclusive) -este requisito non 茅 esix铆bel aos deportistas paral铆mpicos-, atoparse en posesi贸n da correspondente licenza federativa ou acreditar a consecuci贸n de resultados deportivos relevantes obtidos en competici贸ns oficiais durante os anos 2007 e 2008.

Unha vez finalizado o prazo de presentaci贸n de solicitudes, constituirase unha Comisi贸n de Selecci贸n integrada por: membros do Comit茅 Executivo da Fundaci贸n Compostela Deporte, un representante da 脕rea de Deportes do Concello de Santiago, un da 脕rea de Deportes da Universidade de Santiago de Compostela, un das Federaci贸ns deportivas e outro dos medios de comunicaci贸n.

Os deportistas seleccionados(as) dar谩nse a co帽ecer na Gala de entrega que se celebrar谩 o vindeiro d铆a 25 de novembro no Auditorio de Galicia.

Aqu铆 podes consultar toda a informaci贸n sobre o Programa de Bolsas 2008

Etiquetas: ,

Os comentarios est谩n pechados


Padroado