A Fundación entrega as Bolsas ás promesas do deporte compostelán

O Alcalde de Santiago e Presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta tarde a Gala de Entrega das Bolsas para a formación e perfeccionamento de quince deportistas composteláns de sete modalidades diferentes, que teñen unha contía de 1.200 euros cada unha. Un programa destinado a apoiar a práctica deportiva de base e facilitar o rendemento dos deportistas composteláns de base con proxección para acadar a elite. O ciclista do Xacobeo Galicia, Ezequiel Mosquera, foi o padriño dos (as) bolseiros (as) nesta cuarta edición da Gala. O evento tamén contou coa asistencia do Concelleiro de Deportes de Santiago e Vicepresidente da Fundación, Andrés Fariña, dos representantes do Padroado da entidade, das empresas patrocinadoras do acto e do Comité de Selección das Bolsas.

O Alcalde de Santiago e Presidente da Fundación entrega un agasallo a Ezequiel Mosquera

O Alcalde de Santiago e Presidente da Fundación entrega un agasallo a Ezequiel Mosquera

 

Os beneficiarios (as) da cuarta edición das Bolsas son:

VELA: Francisco Castro Domínguez (Real Clube Náutico de Sanxenxo).

Sánchez Bugallo entrega bolsa a Alberto Trillo

Sánchez Bugallo entrega bolsa a Alberto Trillo

TRIATLÓN: Alberto Trillo Barca, Antón Ruanova Fernández, Iago Ruanova Fernández e Álvaro Vilela Pájaro; os catro pertencentes ao Clube Triatlón Bricosa Inforhouse.

NATACIÓN: Beatriz De Uña Bóveda (CDUS), Estefanía Pérez García e Sara Blanco Fariña (ambas do Clube Natación Santiago).

ATLETISMO: Beatriz Capeáns Tubío e Diego Barreiro Carneiro (ambos do CDUS).

IUDO: Andrea Fernández Barreiro, Ana María García Esmorís e Pablo Forján Somoza (os tres pertencen ao CDUS).

DUATLÓN: María Puga Fernández (Clube Triatlón Bricosa Inforhouse).

GOLF: Adriana Costa Fraiz (Real Aero Club de Santiago).

Por outra banda, os adestradores dos(as) deportistas beneficiarios recibiron cada un, un vale de 600 euros en material deportivo. Relación de adestradores:

CLUBE TRIATLÓN BRICOSA: Diego Álvarez Carballeira, Omar González e Francisco Iglesias Prado.

CLUBE DEPORTIVO UNIVERSIDADE (CDUS): Mariano García-Verdugo (quen, aínda según as bases das Bolsas ten dereito a optar a esta axuda para adestradores, debido a súa calidade de membro do Comité de Selección, renunciou a facer efectivo este dereito) e Manuel Vigo (ambos de atletismo), Guillermo Méndez Leis de natación e Manuel Mallo de iudo.

CLUBE NATACIÓN SANTIAGO: David García Fontán.

REAL CLUBE NAÚTICO DE SANXENXO: José Manuel Castro Porto.

REAL AERO CLUB DE SANTIAGO: Sebastián de Miguel Escudero.

O resto de seleccionados (as) levaron cada un (unha), un vale de 120 €, tamén para a adquisición de material deportivo. Ademais, os corenta seleccionados recibiron un MP3 de Blusens e os adestradores un agasallo de Pedras de Santiago.

A Gala contou con representantes das entidades que forman parte do Padroado da Fundación Compostela Deporte: o Concello de Santiago, Alcampo, Aquagest, Área Central, Caixanova, Grupo Correo Gallego, Noyamóvil e Ruafer.

E tamén estiveron presentes os representantes das empresas patrocinadoras da Gala: Begano, Centro Deportivo, Coremain, Dado Dadá, Otero Caritón, Pedras de Santiago e Señorío de Roblido.

 Aquí podes consultar o Programa de Bolsas

Etiquetas:

Os comentarios están pechados


Padroado