O CC Aquagest está preparado para deixar en alto o nome de Galicia e Santiago unha tempada máis
O Clube Ciclista Aquagest presentou esta mañá ao seu equipo, que está preparado para deixar en alto o nome de Santiago, Galicia e do Xacobeo, un ano máis. O acto contou coa presenza do Concelleiro de Deportes de Santiago e Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Andrés Fariña; do Director Territorial de Aquagest, Alfonso Luaces; do Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo; do Director Deportivo do clube, Juan Rey, e de todos os corredores (as) que afrontarán a tempada 2008/09. Tamén asistiu á presentación o Concelleiro de Obras e Infraestructuras e de Relacións Veciñais de Santiago, Bernardino Rama.Andrés Fariña expresou en nome do Concello de Santiago e da Fundación as: “Felicitacións ao CC Aquagest pola súa constancia e por levar o nome de Santiago, Galicia e do Xacobeo a todas partes. E aos corredores (as) darlles a enhoraboa polo espléndido currículo, que tendes gracias ao voso esforzo e constancia. Sempre nós poremos á disposición do clube para darlle todas as facilidades en zonas e circuitos”, para que se poidan realizar as distintas probas que organiza.
“A labor da administración é garantir o dereito á práctica deportiva, pero isto é unha especie de carreira de relevos. O inicio debe recaer na administración, pero chegado o momento é necesario e convinte que a iniciativa privada, a través das súas estratexias empresariais de divulgación, entren a patrocinar aos deportistas e equipos que empezan a acadar unha categoría de competición elevada. Aquagest -empresa que patrocina ao clube- é un exemplo deste proceso. Leva moitos anos traballando para o ciclismo, un deporte extraordinario, en no que Galicia está dando grandes triunfos”, agregou o Concelleiro de Deportes.
Fariña tamén quixo recoñecer unha vez máis: “o traballo que está a facer a Xunta de Galicia na promoción do ciclismo, o que significa que aos concellos resultalles fácil apoiar nos seus pequenos espacios territoriais ao ciclismo. Tamén sabedes que o Concello de Santiago mantén unha estreita relación coa Federación Galega de Ciclismo e estamos sempre dispostos a traballar nese obxetivo. Proba delo é a aposta que fai Santiago pola Volta Ciclista da Ascensión, unha proba de gran prestixio”.
O Director Territorial de Aquagest, Alfonso Luaces, subliñou que: “É coñecida a nosa preocupación polo deporte entroncado coa natureza. Levamos moitos anos apoiado a este equipo e o seguiremos facendo, para que siga paseando o nome de Santiago, de Galicia, do Xacobeo e de Aquagest por toda España e por Europa”.
“Tamén queremos agradecer ao Concello de Santiago, á Fundación, á Federación Galega de Ciclismo, a todas as entidades colaboradoras e, fundamentalmente, a todo o equipo, que son os que traballan cada día para seguir logrando os mejores éxitos. Este ano vamos a aspirar a todo”, agregou Luaces.
Pola súa banda, Marcial Rodríguez, Adxunto á Dirección da Sociedade Xestora do Plan Xacobeo, afirmou durante a presentación que: “Queremos felicitar ao CC Aquagest pola labor que fai, e polos éxitos da pasada tempada. Espero que os éxitos da vindeira campaña sexan mellores porque o traballo que están facento está a dar os seus froitos”.
O Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo, comentou que é un “orgullo” contar cun equipo do nivel do CC Aquagest. “Penso que o despunte do Aquagest, do Superfroiz e a chegada do Xacobeo, os tres pilares que máis destacan a nivel competitivo a nivel estatal e mundial, fan que, sen ánimos de ser triunfalistas, nos últimos anos Galicia sexa un referente no ciclismo español. E o CC Aquagest é sen dúbida o mellor equipo de ciclocross a nivel nacional. Tamén felicitamos a xunta directiva, técnicos e corredores (as) do Aquagest, aos patrocinadores e a todas as entidades colaboradoras”, indicou.
Categoría máis alta
O CC Aquagest é un equipo que conta nas súas filas con ciclistas de primeiro nivel (campiones autonómicos, campiones de España e que acudiron a diversas convocatorias mundialistas”. O Director Deportivo do clube, Juan Rey, presentou aos (as) compoñentes da plantilla para a tempada 2008/09. (que tendes na páxina número 4 desta nota de prensa). Rey afirmou que: “Temos unha plantilla de categoría alta e as fichaxes de Guillermo Álvarez e Isabel Castro lle darán, se cabe, unha categoría un pouco máis alta”.
“Estamos moi ilusionados coas fichaxes novas, coa gente que xa tiñamos e pouco a pouco estamos conseguindo cosas, os resultados están ahí e motivan moito. Teño que dar as gracias a Aquagest, Xacobeo, Concello de Santiago, Fundación Compostela Deporte e ás entidades que colaboran con nós”", engadiu o Director Deportivo del clube.
O Clube Ciclista Aquagest leva once años organizando probas de mountain bike e ciclocross, campionatos de Galicia. A entidade abriu a pasada tempada coa organización dos Campionatos Galegos de Ciclocross (dicembro 2007) e no presente ano celebrou: a primeira proba destinada aos máis cativos (as), o Open de Galicia mini B.T.T - I Premio Aquagest (xuño) e o Open de Galicia de Mountain Bike - XI Premio Aquagest (setembro).
“O calendario que imos a facer é similar ao do ano pasado. Na Copa de España temos que ir a diversas probas porque ademáis defendemos os campionatos. A Copa del Mundo, Óscar e Mauro vanse ronto para Bélxica e van a adestrarse alí que é donde está a cuna do ciclocross, alí prácticamente hai carreiras todos os días e aprendese moito. Vale máis un mes alá que igual aquí toda unha tempada”, indicou.
Rey tamén lembrou que o vindeiro día día 3 de xaneiro de 2009, no Monte do Gozo, se celebrará o Open Galego de Ciclocross.
Aquí tes a Plantilla 2008/09, o palmarés e o calendario do CC AQUAGEST
Etiquetas: ciclismo, presentación







