Descarga en flash.es o plug-in

Novas recentes

A IV Carreira Popular Solidaria Área Empresarial do Tambre serán en Beneficio de Proxecto Home e da Cociña Económica.

3 de Maio de 2010

A IV Carreira Popular Solidaria Área empresarial do Tambre foi presentada hoxe e está organizada pola Fundación Compostela Deporte pola Asociación de Empresarios da Área Empresarial do Tambre, a delegación en Santiago da Federación Galega de Atletismo, a USC e o atleta compostelán Pedro Nimo. A carreira organízase en beneficio de Proxecto Home e da Cociña Económica de Santiago de Compostela.Na rolda de prensa contouse coa presenza do Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Bernardino Rama, de Jesús Chenel, Presidente da Asociación da Área Empresarial do Tambre, de Iván Sanmartín, delegado da Federación Galega de Atletismo, do xefe do departamento de deportes da USC, Mariano García Verdugo e do atleta compostelán Pedro Nimo.

Bernardino Rama informou que a Carreira Popular solidaria tería lugar o vindeiro 16 de maio no Campus Sur da USC, e as rúas por onde ia transcorrer a carreira serían as seguintes: Antonio R. Ibáñez, Avda da Coruña, Avda das Ciencias, Avda de Novoa Santos, Avda das Burgas e Avda de Compostela. Así mesmo, informou do Horario das probas será o seguinte:

 11:00 PREBENXAMÍN e ANTERIORES (470 m)
 11:15 BENXAMÍN e ALEVÍN (1260 m)
 11:30 INFANTIL e CADETE (2410 m)
 12:00 XUVENÍS en adiante (4710 m)
 12:45 ENTREGA DE PREMIOS

O Vicepresidente da Fundación tamén sinalou que a proba tiña lugar no Campus “para chegar a maáis xente, para poder reforzar un pouco mais a carreira solidaria”.

Pola súa parte o delegado en Santiago de Compostela da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín sinalou que se deron pasos para incorporar novos colaboradores na presente edición da carreira, como é o caso da USC. Ademais sinalou que a Asociación da Área Empresarial do Tambre seguirá colaborando. Por outra banda comentou que “desexamos que esta proba a parte de ser solidaria teña un aliciente competitivo”.

Pedro Nimo comentou a respecto da mudanza da ubicación desde o Polígono do Tambre, lugar onde se tiña desenvolvido a Carreira Popular Solidaria Área Empresarial do Tambre nas edicións anteriores até o emprazamento onde vai ter lugar este ano, que “é un paso adiante moi positivo e demostra que os empresarios do tambre saben adaptarse”. Engadiu que “Ogallá o domingo haxa moitos rapaces e moita xente nova na carreira”. Finalmente indicou que daba gusto ver a tantos patrocinadores colaborando no evento.

Mariano García-Verdugo, Xefe do Departamento de Deportes da USC, dixo que esta vai ceder parte do percorrida para a Carreira, así mesmo van tentar implicar á comunidade universitaria na mesmo. Así mesmo sinalou, que a carreira nas súas distintas categorías ten unha “unha distancia na que calquera persoa que quere participar pode, tanto correndo como camiñando. Fago un chamamento á participación”.

Pola súa banda, o presidente da Área Empresarial do Tambre, Jesús Chenel informou que a súa asociación quere o mellor para esta carreira, e ao mesmo tempo que “queremos unir o mundo da empresa co mundo do deporte. Queremos animar a todos os deportistas e a todas as empresas e traballadores da Área Empresarial a participar”. Ademais sinalou, que coas doazóns que se fagan que este ano van ir destinadas á Cociña Económica e mais a Proxecto Home que cumpre o seu XXV Aniversario e que con unha pequena doazón pódense facer grandes cousas.

Nesta V Edición da Carreira Popular Solidaria Área Empresarial do Tambre prevese que poidan participar persoeiros como Manjarín ou Iván Raña. Así mesmo, vai haber sorteos de cousas doadas por deportistas profesionais como Marta Domínguez, que xa o ano pasado doara uns tenis ou de Óscar Pereiro que doou un maillot.

Gala do Deporte e Premios Deporte e Vida

31 de Marzo de 2010

O venres 26 de Marzo tivo lugar a Gala do Deporte Compostelán con unha gran afluencia dos distintos estamentos que colaboran no deporte compostelán. Ao inicio da Gala entregáronse os Premios Deporte e Vida

OS PREMIOS DEPORTE E VIDA:
Os premios do Plan Deporte e Vida (PIDEVI) forman parte do Plano de Fomento e Ordenación da práctica deportiva tendo como finalidade recoñecer a aqueles clubes que se distinguen por educar os/as deportistas potenciando e recuperando os bos comportamentos e valores que, xunto ao esforzo pola superación persoal e o traballo en equipo, constitúen a base formativa dunha sociedade plural e solidaria.

BENEFICIARIOS:
Son beneficiarios do PIDEVI todos os clubes federados dos Concellos de Santiago, Ames, Teo, Oroso, o Pino e Vedra.

COMITÉ DE SELECCIÓN
O Comité de Selección creado para outorgar os Premios DEPORTE e VIDA está integrado polas seguintes persoas:

 En representación das Federacións de Deportes Colectivos: Enrique Otero, da Federación Galega de Fútbol
 En representación das Federacións de Deportes Individuais: Iván Sanmartín, da Federación Galega de Atletismo
 En representación dos árbitros/as: Francisco Guillamet, do Colexio Galego de Árbitros de Baloncesto
 En representación dos pais e nais: Ramón Otero
 Os empresarios/as: José Manuel Beceiro, Xerente da AEPIT
 Os medios de comunicación: Antonio Bermúdez
 Como Secretario do Comité actuou José Manuel Lobato.
 En representación do Padroado da Fundación Compostela Deporte, o seu Xerente Santiago Araújo.

CONTIA DOS PREMIOS:

1) Premios DEPORTE e VIDA para cada unha das categorias cunha contía de 2.000 € aos gañadores e 500 € para os seguintes clubes seleccionados nos respectivos apartados.

• SAÚDE:
o Club Hockey Compostela
o Club Olímpico de Vedra
o S.D. A Gaiola
 GALARDOADO: CLUB HOCKEI COMPOSTELA
 ENTREGA: ANDRÉS FARIÑA: Concelleiro de Sanidade.

ACCIÓNS DESTACABLES POLO QUE FOI SELECCIONADO O GALARDOADO:

• A prevención do consumo de drogas legais e ilegais faise en colaboración dos médicos cos adestradores e a directiva facendo un seguimento constante Impártense unhas directrices de hixiene por parte dos adestradores e da directiva.
• O club conta cunha licenciada en INEF que conduce tanto a preparación física como a alimentación e nutrición dos deportistas.
• Contan con dous doutores que fan o seguimento médico, atenden as lesións en primeira instancia e coa preparadora física fan o seguimento da alimentación.
• EDUCACIÓN:
o Arteal Tenis de Mesa
o Bertamiráns FC
o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS
 GALARDOADO: XACOBEO 2010 LOBELLE DE SANTIAGO FS
 ENTREGA: MERCEDES ROSÓN Concelleira de Educación

ACCIÓNS DESTACABLES POLO QUE FOI SELECCIONADO O GALARDOADO:
• Realizan visitas aos colexios cos xogadores do primeiro equipo para promover hábitos de vida saudábeis.
• Distribución da Guía didáctica de promoción do Xogo Limpo.
• Educación en valores e en deportividade nos Campus.
• Reunións e asesoramento a nais e pais.
• Convenio coa Universidade para proxectos de investigación.
• Xornadas formativas dirixidas a técnicos e xogadores.

• BENESTAR SOCIAL:
o Asociación ASPAS
o CD Belvís-Don Bosco
o Hockei Club Raxoi
 GALARDOADO: CD BELVÍS-AD DON BOSCO
 ENTREGA: MAR MARTÍN Concelleira de Benestar.

ACCIÓNS DESTACÁBEIS POLO QUE FOI SELECCIONADO O GALARDOADO:
• Organización de Torneos Solidarios, (Un quilo un sorriso) como instrumento para o fomento dos valores da solidariedade dos participantes. No ano 2009 o obxectivo era apoiar a construción de casas de acollida rurais no Perú.
• A Organización de Xornadas con Actividades deportivas, através de xogos populares, en clave interxeracional, onde participan nenos, adultos e familias:
o Mañás no Bosco
o Campamento Urbano
o Acampada de Cativos
o Convivencias de Fin de semana
o Xuntanzas deportivas e concentracións anuais
Apoio escolar para aqueles deportistas que o desexen

• NON VIOLENCIA:
o CD Conxo
o Club San Francisco de Teo
o E.D. Xuventude Oroso
 GALARDOADO: CD CONXO
 ENTREGA: VÍCTOR TOBÍO, Secretario da Fundación.

ACCIÓNS DESTACÁBEIS POLO QUE FOI SELECCIONADO O GALARDOADO:
• A difusión de valores e accións sobre a non violencia e o xogo limpo, son constantes nas distintas modalidades deportivas do C.D. Conxo.
• A sinatura de convenios con outras entidades deportivas establece expresamente o cambio da rivalidade pola colaboración.
• A convivencia de centos de nenos de diversas idades, e nacionalidades .
• O premio outorgado pola Sociedade de Pediatría a un xogador cadete acredita a aposta pola deportividade.

1) PREMIO ESPECIAL DEPORTE e VIDA de 3.000€ para o club seleccionado que sexa merecedor de tal distinción pola súa labor na execución conxunta dos catro programas anteditos.
GALARDOADO: XACOBEO 2010 LOBELLE DE SANTIAGO FS
ENTREGA: XOSÉ ANTONIO SÁNCHEZ BUGALLO, PRESIDENTE DA FUNDACIÓN.
TROFEOS SOLIDARIOS:

O Trofeo á EMPRESA SOLIDARIA que se distinga no apoio ao deporte a través da súa responsabilidade social corporativa correspondeu este ano á empresa NOYAMOVIL polo seu apoio ao deporte na cidade de Santiago desde a década dos 70. Nesta década coa denominación de Autolavado patrocina a equipos de distintas categorías de Fútbol Sala.
Na década dos 80 Jesús Chenel coa denominación de Talleres Noya, apoia ao deporte de Santiago, con equipas de distintas categorías de Fútbol Sala e Fútbol, tanto propios (categorías inferiores e veteranos) como patrocinados. Actividade que continúa realizando na década dos 90 coa denominación de Noyamóvil.
A partir do ano 2000 Jesús Chenel, coas denominacións Noyamóvil e Noyastar, apoia ao deporte da cidade e o resto de Galicia patrocinando equipas de distintas categorías salientando os seguintes:

 Fútbol: Atlético Fátima e Compostela na actualidade, e Ciudad de Santiago
 Ciclismo: O Karpin Galicia
 Automobilismo: Pedro Castañón na categoría júnior no campionato portugués de Karts, nos campionatos de montaña, e no novo campionato de España de carrozados na actualidade.
 Baloncesto: Apoio ao Clube Rosalía de Castro.
 Así mesmo, Noyamóvil é membro do padroado da Fundación Compostela Deporte.
ENTREGA: JORGE SANTOS, Tesoureiro da Fundación

O Trofeo á ASOCIACIÓN SOLIDARIA que se distinguiu no apoio ao deporte recae na presente edición a Agrupación de Deportistas Veteranos de Santiago de Compostela, pola tarefa: de máis de 30 anos que leva organizando o fútbol de Veteranos. Así mesmo, tamén ampliaron a actividade deportiva ao longo destes anos organizando o Fútbol Sala Sénior e das súas categorías inferiores axudando ao fomento do deporte base. Un pouco máis tarde chegou a actividade feminina froito do que xurdiu a equipa que compite na liga Autonómica Femenina de Fútbol Sala, conseguindo por catro veces consecutivas o título de Campión, Campión de España de Clubs e Medalla de Bronce no Campionato de Europa de Clubs celebrado en Chequia
Todo isto fai que sexan cinco mil os deportistas que participan en todas las categorías que organiza esta Agrupación.
A Agrupación de Deportistas Veteranos de Santiago de Compostela pertence ao Comité Organizador do Deporte Aficionado de España (CODA) ocupando dos -Vicepresidencias.
Organizando o pasado ano 2009 o campionato de España correspondente, en el que participaron 1.800 deportistas das distintas Autonomías pertenecientes ao Coda. Así mesmo conta con colectivo arbitral propio.
ENTREGA: BERNARDINO RAMA, Vicepresidente da Fundación.

OUTRAS AUTORIDADES PRESENTES NO ACTO:
 Carlos Fernández, Alcalde de Ames.
 Anxo Rei, Concelleiro de Turismo de Teo.
 Distintos concelleiros do Concello de Santiago do PSOE, PP e BNG.


Padroado