Esta semana celebrarase a Compostela Cup do Camiño de fútbol-7, baloncesto e veteranos
27 de Xuño de 2011
Esta semana van ter lugar as competicións de fútbol-7, baloncesto, minibasket e veteranos da Compostela Cup do Camiño 2011, organizada pola Fundación Compostela Deporte. AsÃ, os partidos da modalidade de baloncesto desenvolveranse do dÃa 30 de xuño ao 2 de xullo, o fútbol-7 do 29 xuño ao 3 de xullo e a competición de veteranos vai ter lugar desde mañá dÃa 28 de xuño ao 2 de xullo.
No que atinxe ao número de equipos participantes, na modalidade de baloncesto participarán un total de 28 conxuntos e na de veteranos serán 13. AÃnda asÃ, a competición de fútbol-7 será unha vez máis a que conte cun maior número de equipos.
En canto a esta última, a principal novidade deste ano nas regras de competición afectará ás categorÃas sub 8 e sub 9. Estas disputaranse en 3 tempos de 15 minutos, habendo un descanso entre perÃodo e perÃodo de 5 minutos. Ademais, todos os nenos xogarán, como mÃnimo, unha parte sen trocos. Nestas categorÃas, unha vez que haxa unha diferenza de 5 goles entre os contendentes, pecharase o marcador e continuará o xogo ata que remate o tempo establecido.
A competición de fútbol-7 estará dividida en seis categorÃas (sub 8, sub 9, sub 10, sub 11, sub 12 e sub 14), que comezarán os seus partidos o mércores 29, para que as finais se xoguen na mañá do domingo 3 de xullo. Ao igual que a competición de fútbol-11, os encontros dividiranse en catro escenarios: San Lázaro, Santa Isabel, A Barrosa e As Cancelas.
Hai que destacar a enorme presenza de equipos de fóra de Galicia nesta modalidade de fútbol-7. Ademais das escolas vencelladas aos coñecidos clubes do Porto (Fabril e Trofense), Benfica (Loulé, Faro, Bobadela e Olivais) e do Sporting de Portugal (Cova da Piedade e Leâo Altivo), outros conxuntos como o San Andrés de León, o Real Talavera de Castela-A Mancha, o Ringe, o Miguel Roris e o Clip tampouco se perderán esta sétima edición da Compostela Cup do Camiño. Ao igual que o Hernâni, que vén participando desde a primeira edición.
En canto ao baloncesto, hai que destacar a inscrición de importantes conxuntos santiagueses como o Obradoiro CAB, CB Cluny e CB PÃo XII, ademais de equipos de fóra da cidade como o Agustinos Eras leonés, o Baloncesto Femenino San José, o Baloncesto Femenino León e os Tigres de Lugo. O minibasket estará dividido en tres categorÃas (sub 10, sub 12 masculino e sub 12 feminino), que terán lugar no pavillón de Vite. A competición do baloncesto propiamente dito contará con sub 14 e sub 16, divididos á súa vez en categorÃa masculina e feminina. Estes partidos xogaranse en Santa Isabel e no Lorenzo de la Torre. Tanto en baloncesto como en minibasket a competición iniciarase este xoves 30 e rematará o sábado pola tarde coa disputa de todas as finais.
A competición de veteranos dará comezo mañá martes e rematará tamén o sábado. Os partidos terán lugar nos campos de As Cancelas, Santa Isabel e Bertamiráns a partir das 21:00 horas, agás os das semifinais. Estes disputaranse o sábado á tarde, para que se xogue a final esa mesma noite.
Grazas á presenza de máis de 50 conxuntos de fóra de Galicia, as competicións desta semana da Compostela Cup do Camiño vanlle xerar á cidade máis de 3000 pernoctacións de deportistas, adestradores e familiares, o que demostra unha vez máis a capacidade de atracción deste torneo e os seus positivos efectos para o turismo de Compostela.
No que atinxe ás modalidades de fútbol-11 e fútbol sala, rematadas na mañá de onte, destacaron ao longo de toda a competición a excelente deportividade e o alto nivel mostrado por todos os participantes.
Desde o mesmo mércores, cada dÃa enviaremos unha nota a última hora da mañá e outra a última hora da tarde cun resumo do máis destacado de cada xornada da competición.
Lembrade que podedes obter máis información sobre a Compostela Cup do Camiño 2011 na web www.compostelacup.org











